Concello de Sanxenxo - Sanxenxo acolle por primeira vez o espectáculo Keltia, o mércores 25 de xullo ás 22.00h Na Praza dos Barcos.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Música en directo, teatro e danza únense para representar a historia de Galicia, co obxectivo de rescatar a esencia da nosa cultura atlántica, os castros, os celtas e a cultura romana das terras do norte, proporcionando aos asistentes un espectáculo ameno e lúdico para todos os públicos.

Keltia é un espectáculo musical, en galego, elixido para a celebración do Día de Galicia, organizado polo Concello de Sanxenxo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, dentro do Programa Musigal.

O espectáculo, que pertence á compañía galega Queiman e Pousa, conta dunha forma artísitca o nacemento da cultura Atlántica, a través da invocación do actor Bruxo Queimán, a cantante Andrea Pousa, a banda de músicos en directo e o elenco de actores e bailaríns.

KELTIA O MUSICAL, conta a historia do nacemento da Cultura Atlántica en terras galegas, cando Europa aínda estaba sobre unha capa de xeo e a vida humana só era permisible en terras de Keltia/Galicia.

Ante o desxeo dos mares, os descendentes de Breogán parten cara a terras do norte e colonizan os 6 países celtas, dando orixe a primeira civilización de Europa, os celtas.

As 3 deusas irlandesas, Eire, Fotla e Banba, que axudaran aos netos de Breogán á Conquista de Irlanda, viaxan a Keltia/Galicia e a beleza paisaxística, cultural, gastronómica, fai que se acaben namorando duns Príncipes Celtas. Pero, o amor non virá só, acompáñano malos agoiros, invasións romanas, batallas...todo isto e máis co que os protagonistas desta historia terán que aprender a vivir, loitar e soñar...

O espectáculo que arrasa alá por onde vai: Festa da Historia de Ribadavia, Festival Celta de Ortigueira, Arde Lucus, Festas do Cristo de Cangas, Festival Ponche da Barca (Portugal), Festa dos Povos de Chaves (Portugal)...Espectáculo que se roda por terceiro ano consecutivo, comezando en Vigo en 2015.

 

0
0
0
s2sdefault