Concello de Sanxenxo - O festival de foodtrucks e comidas do mundo, " Parranda& Trucks", volve a Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Festival de foodtrucks e comidas do mundo " Parranda& Trucks" volve a Portonovo para instalar os seus restaurantes como unha seda na chaira de Baltar.

Será os días 2, 3, 4 e 5 de agosto, cunha proposta gastronómica espectacular rodeada dunha batería de concertos e propostas escénicas de primeiro nivel.

Portonovo acolle por segundo ano consecutivo o Festival PARRANDA&TRUCKS, unha proposta gastronómica en formato foodtrucks cunha programación musical, teatral e de animación para toda a familia. Portonovo súmase así á moda dos festivais de #foodtrucks e #streetfood.

Así, e durante os días 2, 3, 4 e 5 de agosto instalarán na Rúa Rial (explanada da piscina) os mellores foodtrucks de comida de autor, comida caribeña, comida italiana, comida arxentina, arepas, crepes, hamburguesas de boi, papas arrúgás, cupcakes e mil e unha delicatessen doces e salgadas.

Todo amenizado cunha proposta cultural e de lecer de primerísima calidade e que ademais aposta por artistas locais ou das Rías Baixas

 

0
0
0
s2sdefault