Concello de Sanxenxo - O Ministerio de Fomento aumenta ata 1.323.035€ a axuda para a rehabilitación do Pazo de Quintáns
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá recibimos unha resolución do Ministerio de Fomento na que nos comunica que a axuda inicial para a rehabilitación do Pazo de Quintáns, que ata agora era de 903.923€, increméntase ata 1.323.035€.

Este aumento de 420.000€ era unha posibilidade, moi remota, que dependía de que as solicitudes e proxectos que presentasen outras cidades e pobos de España non esgotasen os fondos que destina a Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Chan do Ministerio de Fomento para financiar este tipo de proxectos. O Concello, pola súa banda, acelerou a contratación da redacción do proxecto o máximo posible, así como a autorización necesaria de Patrimonio, que foi presentada dentro do prazo establecido.

Finalmente, confirmouse o incremento da axuda, o que nos enche de satisfacción e demostra que a determinación e as xestións do goberno acabaron dando os máximos resultados posibles. Na política, como na vida, non sempre se consegue o que se persegue, pero o que este goberno nunca vai facer é renunciar ou deixar de tentar calquera proxecto ou iniciativa por difícil que sexa.

A rehabilitación integral do pazo de Quintáns, o edificio e a finca xardín de case 10.000 m2, está valorada en 1.921.365€. Á axuda do Ministerio de Fomento temos que sumarlle a achega do Concello prevista nos orzamentos do 2017 e 2018, que ascende a 598.329€, para financiar a completa rehabilitación.

Unha vez aceptada a proposta de subvención, para o que o goberno dispón dun prazo de 10 días, poñeranse en marcha os trámites para a licitación e posterior adxudicación das obras de rehabilitación.

 

 

0
0
0
s2sdefault