Concello de Sanxenxo - Rematado o asfaltado do vial de Cruceiro Monte Faro a Pontes, en Noalla.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá o concelleiro de infraestruturas, Daniel Fernandez, estivo no vial que transcorre desde Cruceiro Monte Faro a Pontes. Esta vía atopábase moi deteriorada e é por iso que para dotalo dun asfaltado que mellorase a circulación do tránsito que soporta, redactouse un proxecto coas principais necesidades do mesmo.

O vial tiña grava e restos asfálticos e con esta actuación dotouse aos 725 metros de lonxitude, dunha mestura bituminosa en quente.

As obras comezaron coa limpeza completa do vial, varrido da superficie, regularización da mesma coa mestura e a dotación da capa de rodaxe en quente.

Para terminar, instalouse a sinalización horizontal e vertical necesaria. Para poder levar a cabo esta actuación, foi preciso solicitar unha serie de autorizacións sectoriais: 

 

  • Axencia galega de infraestruturas, pola afectación da vía rápida autonómica VRG-4.1

  • Deputación Provincial, pola afectación da estrada provincial EP-9208.

  • Augas de Galicia, pola zona de canles de rego de Besadoiros.

  • Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria, pola afectación do Túmulo IV de Monte Faro.

  • Consellería de Medio Ambiente e ordenación do territorio, por estar o lugar afectado por unha zona denominada polo POL como de Ordenación.

Cun prazo de execución dun mes, foi adxudicada por un importe que ascende a 27.500€, que serán financiados a través do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017/2018 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

 

 

0
0
0
s2sdefault