Concello de Sanxenxo - Portonovo inicia a súa semana grande de festas o vindeiro martes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Portonovo inicia o vindeiro martes unha semana de festexos en honra a San Roque, que se estenderá ata o domingo día 19.

O programa inclúe pasacalles con grupos de gaitas e charangas, actos relixiosos (misas e procesións), actividades para os pequenos, concertos musicais e gran tirada de fogos artificiais. Da programación destacan as seguintes actividades:

    • Martes 14: será a sardiñada popular pola mañá, un concerto dunha charanga pola tarde en diferentes puntos da vila e ás 23.00h. a Queimada máis grande do mundo, coa actuación de Treixadura e a Discoteca Móbil Dolce Vita.

 

    • Mércores 15: misa e procesión en Adina, pola mañá, e pola noite a cantante Pili Pampim, coñecida polas súas intervencións no programa da TVG “Luar”, e a Bomba de Canarias.

 

  • Xoves 16: pola mañá será o encontro das imaxes e un concerto dunha banda de música, e misa e procesión pola tarde. Pola noite actuará a Orquestra Marbella e Foliada Band. Ademais, este día ás 00.00h. terá lugar a gran tirada de fogos artificiais.  

 

    • Venres 17: concerto de banda de música pola mañá misa e procesión pola tarde e pola noite actuación das orquestras Gran Parada e Principal.

 

    • Sábado 18: pola mañá terá lugar a regata infantil de piraguas e pola tarde unha sesión de xogos populares no porto, coa festa da escuma e un concurso de cans. Xa pola noite, teremos a orquéstralas Ritmo Novo e Pontevedra.

 

    • Domingo 19: pola mañá maratón popular e pola tarde outra xornada de xogos tradicionais. E para o goce dos máis pequenos, as atraccións terán un prezo especial este día.

 

Como xa se informou o ano pasado, o Concello asumiu a coordinación das festas de San Roque de Portonovo, contando coa colaboración de Carlos Conde, persoa que leva moitos anos involucrado na organización destas festas.

 

 

0
0
0
s2sdefault