Concello de Sanxenxo - A Milla Urbana vila de Sanxenxo espera reunir por centos de corredores.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A XIX edición da Milla Urbana celebrarase o próximo 26 de agosto, a partir das 12.00 horas, no Paseo de Silgar. O prazo de inscrición finaliza o venres 24 ás 23.59 horas.

Do mesmo xeito que o ano pasado, a proba está Federada, polo que a inscrición, que será GRATIUTA, terá que facerse a través da seguinte ligazón: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1558/xix-milla-vila-de-sanxenxo

 

Os participantes agruparanse en diferentes categorías en función do seu ano de nacemento e a distancia para percorrer irá desde os 400 m das categorías máis inferiores ata os 1609 m das máis superiores, quedando así establecidos os seguintes grupos: 

 

    • Pre- benjamín 2010-2017 à 400metros

    • Benjamín 2008-2009 à 400 metros

    • Alevín 2006-2007 à 800 metros

    • Infantil 2004-2005 à 800 metros

    • Cadete 2002-2003 à 800 metros

    • Xuvenil-Junior 2000-2001 à 1609 metros

    • Promesa- Senior 1978-1999 à 1609 metros

    • Veteranos A 1967-1977à 1609 metros

    • Veteranos B …...-1966 à 1609 metros

 

En canto aos premios, o primeiro clasificado recibirá un trofeo e os segundos e terceiros, unha medalla. Así mesmo na categoría máis alta haberá premios en metálico, cun total de 1950€ a repartir, entre o primeiro e quinto clasificado.

Desde o Concello solicítase que todo aquel que desexe colaborar coa organización da proba, pode facelo a través do programa de voluntariado municipal, dependente da concellería de Servizos Sociais e Igualdade, e agradécese de antemán toda a axuda prestada.

 

 

0
0
0
s2sdefault