Concello de Sanxenxo - 6 meses despois, a Deputación deu o visto e prace ao primeiro proxecto do Plan Concellos 2018/2019
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local enviaba o pasado mes de febreiro á Deputación, un proxecto para poder ser financiado a través do Plan Concellos 2018/2019, un proxecto para dotar de novos módulos a seis praias do municipio, que melloraría o servizo dos areais.

No momento que se enviou, quedaban pendentes unha serie de autorizacións sectoriais, que xa foron conseguidas e o visto e prace por parte da Deputación. Este proxecto está valorado en 132.000€, e denomínase “subministración, transporte e emprazamento de módulos mixtos prefabricados para salvamento e aseos nas praias”.

A redacción do proxecto, baséase en que algunhas das praias do termo municipal, carecían de módulos de aseos que dotasen dese servizo aos areais. Ademais, outras praias que si os teñen, pero que se atopan moi deteriorados, tanto pola súa antigüidade, como tamén polo uso intensivo que se lles dá durante a tempada estival. Na mesma situación atópanse os módulos de salvamento para socorristas.

Así, co obxectivo de mellorar a prestación de servizos públicos nas praias, redactouse e remitiuse á Deputación este proxecto que permita a instalación de módulos mixtos para socorristas e de aseos nos seguintes areais:

 

àA Lanzada

 

àBascuas

 

àPaxariñas

 

àCanelas

 

àCaneliñas

 

àSilgar

En canto ás súas características, serán módulos mixtos de 19 e 24 m2. Estarán divididos en dous espazos e contarán cunha parte reservada a salvamento, con todo o material e equipamentos necesarios e outra parte que será para os aseos. Nesta, haberá inodoros, lavabos, espellos, cambiadores de cueiros, etc.

 

6 MÓDULOS NOVOS

En vista do tempo que a Deputación tardaría en dar visto e prace para o financiamento deste proxecto, para esta tempada estival adquiríronse 6 módulos novos. 4 son módulos de aseos, en réxime de aluguer e dous de salvamento, que se compraron en propiedade. Isto supuxo un investimento de máis de 40.000€ que irán con cargo a fondos propios municipais.

Os módulos adquiridos en propiedade irán destinados a outras praias do municipio, que tamén necesitan unha renovación, unha vez que o Concello poida facer realidade o proxecto do Plan Concellos.

 

SEGUIMOS Á ESPERA

 

Dos 12 proxectos que o goberno enviou á Deputación, o goberno local soamente ten coñecemento da aprobación de 4 deles.

 

 

Servizos básicos 

 

  • Abastecemento Outeiro-Quintáns-Ricardo Santosà En espera.

  • Abastecemento Buezas-Aldariz àEn espera.

  • Instalación Saneamento Canelasà En espera.

  • Suministro bomba de augaàEn espera.

  • Pavimentación Noalla-Vilalonga àAprobado.

Infraestructuras 

 

  • Priorado Arraà En espera.

  • MarquesiñasàEn espera.

  • Aseos PraiasàAprobado.

  • Casa de Don Fernandoà En espera.

  • Camiño As Salinas e Da Costiña a Fonte de Onsà En espera.

  • Parque Espiñeiroà Aprobado.

  • Equipamento informáticoàAprobado.

 

0
0
0
s2sdefault