Concello de Sanxenxo - A exposición de Alterarte pode visitarse ata o día 26 na Sala Nauta de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Sala Nauta acolle desde hoxe e ata o próximo día 26 deste mes, unha exposición de Alterarte.

Alterarte é unha iniciativa asociativa consolidada que ten como obxectivo promocionar e difundir a arte galega máis actual. Un proxecto dinámico e aberto a propostas, cun concepto de arte ampla que inclúe todo tipo de tendencias e manifestacións artísticas.

Un total de 18 artistas desta asociación, expoñerán as súas obras en “Cores”, a feira de arte inaugurada na sala Nauta, en horario de 12.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 1.00 h.

 

0
0
0
s2sdefault