Concello de Sanxenxo - Sanxenxo recupera os cabezudos nas súas festas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As 4 figuras recuperadas desfilarán pola vila o vindeiro venres.

O Centro de Arte Municipal, recuperou 4 dos 8 cabezudos que hai máis de 25 anos que non saen á rúa durante as festas patronais.

O cartel das festas de Sanxenxo, mantén, en termos xerais, a filosofía e composición de anos anteriores, pero inclúe unha interesante novidade. Trátase da recuperación de catro singulares figuras, que desfilarán polas rúas da vila durante a semana festiva.

Con estes 4 cabezudos recupérase unha tradición que se abandonou no ano 1990, e que no seu momento achegaba un toque de humor e colorido á programación. É por iso, que este ano se quixo devolver ao municipio esa tradición.

A estrea oficial.

O venres 24 co chupinazo que dá inicio ás festas, desfilarán para o gran público acompañados da experiencia +Cantos, con Nelson Quinteiro. O percorrido arrancará ás 11.30h. do Mercado de Sanxenxo, facendo varias paradas ao longo da Avda. de Madrid e terminando na Praza de Pascual Veiga. Pola tarde, desde as 19.00h., sairán do Paseo de Silgar.

 

0
0
0
s2sdefault