Concello de Sanxenxo - ELE xa está en Sanxenxo preparando o seu concerto do próximo xoves
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Este xoves día 30, ás 22.00h. poderemos gozar do concerto de ELE, What Night Hides, (o que a noite esconde), na Praza dous Barcos.

Suso Sueiro, concelleiro de turismo e deportes, tivo a oportunidade de compartir esta mañá un pequeno encontro con dous dos compoñentes do grupo, Elena Iturrieta (piano e voz) e Manuel Castro (baixista).

O debut discográfico de ELE chegou en 2015 con “ Summer Rain” e trouxo consigo un gran éxito que derivou nunha xira por máis de 75 teatros de toda España, ademais da participación no festival SWSF de Austin ( Texas) en 2016.

En abril de 2018, sacaban o seu segundo traballo, baixo o título “ What Night Hides”, gravado no mítico estudo 2 de ABBEY ROAD (Londres). ELE describe este segundo traballo como “unha experiencia hipnótica, intensa, reveladora e repleta de matices e imaxes que nos transportan, como unha desas películas nas que un queda sentado no cinema despois de que a pantalla se vaia a negro.”

Pola súa banda, Suso Sueiro, quere “convidar a todos os veciños e visitantes do municipio, a que se acheguen este xoves á Praza dous Barcos, para gozar deste concerto e espectáculo único, que ademais esconde algunha sorpresa”.

 

 

0
0
0
s2sdefault