Concello de Sanxenxo - Éxito da concentración de motos en Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concentración de motos chegou ao seu fin cun éxito de asistencia.

A carpa instalada en Portonovo acolleu onte a entrega de premios ao moteiro máis veterano, á pena numerosa, e ao viaxeiro máis afastado entre outros.

Esta 34º edición da concentración mototurística chegou ao seu fin, tras congregar a miles de persoas, entre participantes e afeccionados, na zona de Baltar.

Na última xornada realizouse unha excursión, pola zona de costa, polo rural de Dorrón, chegando ata o Concello de Meaño. Unha vez de regreso, entregáronse os premios entre os que destacaron o moteiro e a moteira máis veteranos, con 77 e 70 anos respectivamente, e as persoas que máis km fixeron para participar nesta cita, con máis de 1000km percorridos.

Destacar tamén a eficacia do dispositivo de seguridade, por parte de Policía Local, Garda Civil e Emerxencias de Sanxenxo, e valorar positivamente a decisión de permitir a entrada de motos ao centro da vila.

En canto aos datos de controis realizados pola policía local, resaltar que, dos máis de 3.700 vehículos controlados en controis de velocidade, tan só denunciáronse a 12 deles (7 motocicletas e 5 turismos). En canto aos controis de alcoholemia, levaron a cabo 895 probas, con 11 positivos, (4 motocicletas e 7 turismos). E, por último, tan só rexistráronse dous feridos sen gravidade en accidentes de circulación.

 

Motoclub e goberno póñense en marcha para organizar a próxima edición da concentración, conscientes de que aínda se pode mellorar en moitos aspectos e querendo impulsar aínda máis este evento.

 

0
0
0
s2sdefault