Concello de Sanxenxo - O violinista Antonio Seijo ofrecerá un concerto na Praza Pascual Veiga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Será este sábado día 15 ás 21,30h e estará acompañado polo pianista Mauricio Frota.

O violinista Antonio Seijo, profesor titular do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra e actualmente considerado polos medios como un dos nosos violinistas máis internacionais, ofreceranos na noite do sábado 15 un concerto acompañado do marabilloso pianista Mauricio Frota.

Natural de Avilés, Antonio Seijo vive desde hai anos en Sanxenxo e tras as súas costas ten un amplo currículo como violinista. Así pois, colaborou coa Orquestra Sinfónica de RTVE, e foi varios anos concertino da Orquestra de Cámara da Comunidade de Madrid. Tocou nas bandas de grandes artistas como Bonnie Tyler, Tom Jones, Paul Winter, Luís Cobos e Julio Iglesias entre outros artistas internacionais e tamén formou parte do grupo Milladoiro durante sete anos. Acaba de realizar unha exitosa xira polos Fiordos Noruegueses, Capitais Bálticas, Irlanda e Escocia, actuando para os pasaxeiros do barco FTI Berlín fretado pola almacenista de viaxes belga Allways.

Pola súa banda, Mauricio Frota é artista residente en Portugal no barco Scenic Emerald da compañía australiana Scenic Cruises especializada en cruceiros de rio.

Neste concerto ambos os músicos ofrecerán un repertorio no que se poderán gozar de versións da música pop dos 80 e 90. O concerto será a favor da Asociación Peludos Invisibles de Sanxenxo.

 

 

0
0
0
s2sdefault