Concello de Sanxenxo - Completada a folla de ruta para a posta en marcha do Parque Empresarial de Nantes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Trinta e oito días antes do previsto, anunciamos onte a conclusión das obras e xestións no parque empresarial de Nantes o que deixa vía libre á recepción e posta en funcionamento do polígono. Será ademais con “custo cero” para os seus propietarios.  

  • Todas as obras de urbanización pendentes acabáronse cun custo final de 261.679 € (un aforro de 105.825 € con respecto ao orzamento inicial, 367.504 €).

  • Fai un par de meses asinouse un convenio con Unión Fenosa, que permitiu aforrar 300.000€ na rede de media tensión.

  • E, por último, o martes chegou ao Concello a autorización de Augas de Galicia para seguir utilizando a depuradora tal e como prevé o plan parcial aprobado en 2005.

 

En conclusión:  

  • Un. Cumprimos o noso compromiso de poñer en marcha o parque empresarial.

  • Dous. Fixémolo no prazo que nos comprometemos, que finaliza o 22 de outubro.

  • E tres. Fixémolo sen custo para os propietarios. É dicir, non terán que achegar os 638.000 € que aprobou a asemblea en febreiro.

 

0
0
0
s2sdefault