Concello de Sanxenxo - A maxia volta atravesar a porta do mar de Noalla
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A rede de Bibliotecas de Sanxenxo programa para este domingo 16, un contacontos infantil na presentación do conto "Maïa, la xana del bosque", en Punta Faxilda.

No marco das actividades de fomento á lectura da Rede de Bibliotecas de Sanxenxo, este domingo, ás 12:00 horas, levarase a cabo a presentación do conto infantil "Maïa, la xana del bosque", na Porta do Mar dos Bancos de Noalla, en Punta Faxilda.

Ó rematar a presentación, a autora do libro, Fátima Rey, fará un contacontos sobre o mesmo, especialmente preparado para a ocasión e para o lugar, posto que poucos espazos unen tan ben a maxia e a realidade, como este emplazamento de Noalla.

O conto está publicado na editorial Angel´s Fortune e parte dunha idea orixinal da asturiana Verónica Ordóñez, que estará na presentación da novidade editorial, xunto coa autora e a concelleira de cultura, Paz Lago, así como a encargada da rede de Bibliotecas de Sanxenxo e a propia editora, a catalana Isabel Montes.

 

0
0
0
s2sdefault