Concello de Sanxenxo - O goberno reduce o IBI ao mínimo legal, o 0,40%
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno leva á Comisión de Facenda, que se celebrará o vindeiro mércores, unha proposta para reducir o IBI urbano un 10%, do 0,44% ao 0,40%, que é o mínimo legal. A proposta do goberno tamén inclúe a redución do IBI rústico nun 20%, do 0.48% ao 0,40%. O Ministerio de Facenda establece que os concellos poden fixar a súa porcentaxe de IBI entre un mínimo do 0.40% e un máximo do 1,1%.

Hai que lembrar que a anterior redución tamén dun 10% do IBI urbano, do 0.48 ao 0.44%, foi impulsada en 2016 polo PP desde a oposición e puido ser aprobada grazas ao apoio do concelleiro Roberto Agís e os 8 votos do PP.

Naquela ocasión, David Otero, concelleira de facenda dixo que a redución era unha irresponsabilidade da oposición, que poñería en perigo a prestación dos servizos públicos. O tempo demostrou que non foi así, non só non se reduciron os servizos públicos, senón ao contrario melloráronse e, ademais, fixémolo pechando o 2017 con superávit orzamentario.

A redución que propón o goberno, converte a Sanxenxo no concello da súa contorna co IBI urbano máis baixo con gran diferenza do resto. Por exemplo, Poio actualmente ten un IBI do 0,47%, O Grove do 0,58% e Pontevedra do 0,64%, un 60% máis que Sanxenxo.

Este goberno entende que unha boa xestión debe caracterizarse por tres cuestiones, prestar bos servizos públicos, procurar o equilibrio e o saneamento orzamentario e manter os impostos e as taxas municipais o máis baixas posible para axudar ás familias e fomentar a actividade económica.

O esforzo que facemos coa redución do IBI ao mínimo legal beneficia a todas as familias de Sanxenxo e, tamén, ao principal sector económico do que vive Sanxenxo, o turismo. Hoteis, restaurantes, bares, comercios e outro tipo de negocios van beneficiar dunha redución do 20% desde o 2016 o que lles permitirá ser máis competitivos.

 

0
0
0
s2sdefault