Concello de Sanxenxo - O goberno fai un balance positivo da feira multisectorial deste verán
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Despois de tres meses desde a súa apertura, o pasado 15 de xuño, a feira multisectorial poñía fin á súa estancia en Portonovo, cunha duración superior a todos os anos anteriores que viña organizando.

A empresa Target S. L foi a encargada da montaxe das 80 casetas, que tiñan un horario de apertura de 11.00 a 14.30 h e de 16.30 h. a 02.00 h.

Esta feira é un punto de encontro entre artesáns, mozos creadores e comercios que mostran os seus produtos. O obxectivo é crear un atractivo turístico e unha alternativa lúdica e de entretemento para veciños e visitantes que dinamice a actividade económica de Portonovo.

Este ano traballouse para que a feira dese un salto de calidade importante, sendo un atractivo no municipio, estando satisfeitos co resultado. E para iso elaborouse un prego de condicións con moito máis tempo de dedicación que o pasado ano. Este prego foi máis esixente e valoráronse especialmente as características e a calidade dos materiais das casetas, así como a imaxe conxunta da feira.

O goberno ponse a traballar para a redacción dun prego para o próximo ano, analizando e mellorando en todo o que sexa posible. Ademais, quérese agradecer á empresa, a vendedores e a todas aquelas persoas que colaboraron no desenvolvemento da feira, pola súa implicación e bo facer.

 

0
0
0
s2sdefault