Concello de Sanxenxo - O levantamento de actas previas á ocupación de terreos implicados no proxecto de mellora da PO-308 será o próximo 26 de outubro
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Con motivo da aprobación o proxecto de mellora da seguridade viaria no tramo de concentración de accidentes da POPO-308, punto quilométrico 8+700 a 12+700, publicouse a pasada semana no BOP e esta mañá no DOG, o día e hora do levantamento de actas previas á ocupación dos terreos afectados polas obras.

O pasado 21 de xuño, a Xunta de Galicia declaraba a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados por este proxecto que incumbe ao Concello de Sanxenxo e de Poio.

Para isto no taboleiro de anuncios do Concello e no servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (Avda. Fernández- Ladreda, 43-1º, 36003), expoñerase nos próximos días a relación de titulares cos bens afectados.

O próximo 26 de outubro, ás 10.30 h. as persoas implicadas, deberán acudir, persoalmente ou representados por unha persoa autorizada, cos documentos acreditativos de titularidade, DNI, último recibo de contribución, así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC.

 

O PROXECTO

O proxecto de mellora da seguridade viaria da PO-308 en Sanxenxo, abarca desde o inicio do Concello na Granxa, ata a avenida de León, entrada á vila de Sanxenxo.

Este proxecto, está orzado en 276.000€ e o seu obxectivo é mellorar a seguridade viaria deste tramo, especialmente nos cruces e as curvas que hai, no 3,5 km de percorrido. A intensidade media diaria de tráfico neste tramo é de 11.133 vehículos diarios, dos cales 398 son vehículos pesados. Loxicamente nos meses de verán esta cifra increméntase substancialmente.

As actuacións previstas son: 

 

  • Mellora da seguridade das curvas, con renovación de firme, colocación de paneis direccionais con leds e substitución de barreiras metálicas.

  • Construción dunha glorieta de 14 metros de radio exterior no acceso principal da praia de Áreas.

  • Ampliación da calzada para mellorar unha parada do autobús.

  • Ampliación da calzada para mellorar visibilidade dun viario de acceso.

  • Arranxos na calzada para facilitar cambios de sentido.

  • Instalación de sumidoiros para evitar encharcamientos da calzada.

  • Construción de cunetas.

  • Substitución de sinais existentes en todo o traxecto por outras de maior tamaño.

 

0
0
0
s2sdefault