Concello de Sanxenxo - Os socorristas e sanitarios realizaron un total de 8.620 intervencións esta tempada
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana coñecemos os datos detallados do número de intervencións levadas a cabo por socorristas e sanitarios nas diferentes praias do municipio esta tempada 2018.

A campaña do servizo de emerxencias realizou actuacións en Areas, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Areas Gordas-A Lapa, A Lanzada e coas dúas embarcacións que percorren o noso litoral.

Do total de intervencións destacan, os 1827 avisos polo cumprimento do bando de normas da praia, dos cales 453 foron realizados por unha das embarcacións. Destacan tamén as 1743 intervencións por feridas, das cales 418 foron en Silgar e as 1469 picaduras de Faneca, con Montalvo e Canelas á cabeza, con 281 e 250 picaduras respectivamente.

Nun ránking de praias, destacamos en primeiro lugar, a Praia de Silgar con 1670 actuacións, seguida de Montalvo con 1036 intervencións e Areas con 956.

As praias con menor número de intervencións son Areas Gordas-A Lapa, e Paxariñas.

Cabe lembrar que o pasado mes de abril o Concello iniciaba os trámites para a selección de socorristas e sanitarios contratando 66 efectivos para vixiar os areais do municipio.

Así 9 praias de Sanxenxo tiveron vixilancia durante tres meses desde o 15 de xuño, mesmo en Silgar, o servizo de vixilancia empezou o día 9.

É intención do goberno que, a partir de agora, cada ano increméntese o número de praias que dispoñan de todos os seus servizos desde o mes de xuño. O goberno entende que Sanxenxo debe facer todo o que estea na súa man para atraer máis visitantes en xuño e setembro, meses nos que, en comparación con xullo e agosto, cando practicamente rózase o cheo, aínda hai unha marxe de crecemento.

0
0
0
s2sdefault