Concello de Sanxenxo - Amplíase o prazo de matrícula para a obtención do graduado en E. S.O
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Cartel ampliación plazo matrícula

 

Quedando prazas por cubrir nas clases de preparación para a obtención do graduado en ESO, amplíase o prazo de matrícula ata o 11 de outubro en horario de 19,00 a 19,45 h.

Este horario compaxínase coa impartición das clases que comezaron o martes, 2 de outubro en horario de 19,50 a 22,50 h de luns a xoves.

As actividades de preparación para a obtención do graduado en ESO teñen como obxectivo primordial favorecer a promoción persoal, social e laboral e está destinado a persoas de máis de 16 anos que teñan ou non o graduado escolar. leva a cabo en cooperación co Centro de Educación Permanente de Adultos (EPA) de Pontevedra onde o alumnado está matriculado na modalidade a distancia e onde será avaliado.

A través deste programa o Concello de Sanxenxo ofrece ao alumnado matriculado os seguintes servizos:

• Mediación co Centro EPA Rio Lerez de Pontevedra nas xestións de Secretaría (formalización de matrículas, petición de certificados, recollida e entrega de cualificacións...)
• Preparación de temarios, clases e resumos sobre os contidos para impartir; corrección de traballos, exercicios ou probas-ensaio.
• Docencia directa das materias
• Atención ao alumnado fose do horario lectivo.

0
0
0
s2sdefault