Concello de Sanxenxo - Curso español e obradoiro de memoria
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

CURSO ESPAÑOL

En outubro do pasado ano, unha vez detectada a necesidade de aprendizaxe de español por parte das persoas estranxeiras, púxose en marcha un curso a través do plan de voluntariado do municipio.

Este ano, desde a Concellería de Servizos Sociais volve convocarse unha nova edición, co obxectivo de proporcionar ao alumnado as ferramentas básicas do idioma e facilitar a súa comunicación diaria.

As clases terán lugar os martes e xoves, de 11.00 h. a 12.30 h. no pazo Emilia Pardo Bazán e as persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o día 11 de outubro, nas oficinas de Servizos Sociais en Portonovo ou no teléfono 986.72.79.01.

 

Curso Español

 

 

OBRADOIRO DE MEMORIA

 

As charlas previas ao comezo do obradoiro de memoria terán lugar esta semana, co seguinte horario:

 

Data: luns 8 de outubro

 

17:00 horas - Casa de Cultura de Nantes

 

18:00 horas – Local Socio-Cultural (Hotel Ribago) Vilalonga

 

19:30 horas – Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

 

Data: martes 9 de outubro

 

17:00 horas – Ed. Usos Múltiples

 

19:30 horas – Casa dás Canteiras Noalla

 

 

Data: mércores 10 de outubro

 

16:30 horas – Casa de Cultura de Dorrón

 

17:30 horas – Casa de Cultura de Bordóns

 

19:00 horas - Casa de Cultura de Adina

 

O obradoiro de memoria é unha das actividades máis gratificantes da Concellería de Servizos Sociais, polo número de persoas que participan nela, pero sobre todo polo útil que resulta para a vida diaria dos participantes.

 

 Taller memoria

 

0
0
0
s2sdefault