Concello de Sanxenxo - O consello de Nauta acorda convocar un concurso de ideas para mellorar o porto deportivo, que se converteu nun dos motores económicos de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno propuxo onte ao Consello de Nauta a convocatoria dun concurso de ideas, cunha dotación de 100.000€, para que os estudos de arquitectura e enxeñería que o desexen presenten propostas de mellora do porto. Un dos obxectivos é que a praza do mar, de 12.000 m2, poida ter un maior aproveitamento os meses de peor climatoloxía.

O porto deportivo costou 14 M€ entre a compra da concesión e as obras. No seu momento a operación foi cualificada por algúns de proxecto megalómano de alto risco. Con todo, o tempo puxo as cousas no seu sitio, xa que tal e como estaba previsto, devolveuse o diñeiro solicitado con rapidez, grazas á venda das concesións dos locais comerciais e a explotación do parking, os pantaláns e demais servizos náuticos. Ademais, o porto segue xerando importantes beneficios anuais que ingresan as arcas municipais.

Pero aínda máis importante é que se converteu nun dos motores económicos de Sanxenxo, que se notan especialmente na tempada baixa. Antes do porto deportivo, nin a vila, nin moito menos as rúas da contorna tiñan a actividade que agora teñen. As rúas dos Barcos e Augusto González Bicada agora teñen actividade hostaleira e comercial todo o ano e non só uns meses como ocorría antes.

O porto xera máis de 200 postos de traballo directos entre Nauta, os locais e os servizos náuticos. Sen contar as empresas que fan mantemento e reparación das embarcacións e os patróns e mariñeiros dos propios barcos. En definitiva, o porto deportivo, Nauta, a empresa municipal que o xestiona e a creación de amplos espazos públicos que Sanxenxo non tiña ata entón, resultaron un éxito que nos indica que hai que seguir unha liña parecida en Portonovo, iso si, respectando as particularidades da vila mariñeira.

0
0
0
s2sdefault