Concello de Sanxenxo - Festas de Adina en honra a San Miguel os días 13 e 14 de outubro
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un ano máis a parroquia de Adina celebra as súas festas en honra a San Miguel o próximo fin de semana.

O sábado pola mañá haberá tirada de lumes inaugurando as festas. A tarde será amenizada cunha charanga e xa a verbena comezará ás 22:00 horas coa actuación de orquéstralas Tango e Saudade. A media noite realizarase o sorteo de 2 xamóns.

A mañá do domingo será a cargo dos grupos de gaitas Os Gatiños e Lembranzas. Ás 12:00 horas terá lugar a solemne misa en honra a San Miguel e seguidamente a procesión. Despois haberá sesión vermú coa música do Trío A Noite e degustación dunha gran paella. Os nenos poderán gozar dos inchables e a partir das 17:30 da tarde de xogos tradicionais. Ás 21:30 volverá á verbena o Trío A Noite.

0
0
0
s2sdefault