Concello de Sanxenxo - Novo mobiliario para o comedor do CEIP Magaláns
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

En 2017, cun orzamento 26.200€, levouse a cabo o acondicionamento dun local para comedor no CEIP Magaláns. Unha vez finalizadas as obras, co sobrante do orzamento inicial outorgado a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, adquiriuse unha serie de mobiliario para este comedor.

Para a posta en funcionamento deste espazo compráronse 4 mesas rectangulares, 20 cadeiras, percheros e un armario.

O comedor atópase nunha edificación situada fronte ao pavillón do Colexio, que na actualidade estaba a ser utilizado para almacén.

A actuación consistiu no solado do local, a substitución de xanelas e portas, tabiques de separación, pintado e instalación eléctrica e sanitaria. Por tanto, agora, unha parte do local, 16 m2, seguen sendo almacén, e o resto, 32 m2, foron habilitados como comedor, cun aseo.

0
0
0
s2sdefault