Concello de Sanxenxo - Aínda quedan prazas para o curso e o obradoiro de autoestima e empoderamento feminino
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Desde o centro de información ás mulleres, dependente da concellería de servizos sociais e igualdade organizouse un curso e un obradoiro sobre autoestima e empoderamiento feminino para este mes de outubro nos que aínda quedan prazas libres.

Esta programación ten como principal obxectivo promover a autoestima e o empoderamiento das mulleres, tanto a nivel individual como grupal e social.

A idea é aprender a xestionar as emocións, a escoitalas e a saber recoñecelas. Tamén se promove a autoestima, a motivación, a capacidade persoal e a toma de decisións, apunta Silvia Freire, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.

Trátase, en definitiva, de posibilitar espazos para a reflexión e a toma de conciencia que permita ás mulleres nutrir a súa capacidade para crear e actuar, para deixar de lado crenzas, pensamentos, emocións e comportamentos que poidan estar a limitar o seu día a día.


OBRADOIRO AUTOESTIMA

O curso, que será gratuíto, terá lugar o 29 de outubro de 17.00 h. a 20.00 h. no Usos Múltiples de Portonovo e para participar, as mulleres interesadas deberán apuntarse previamente, en horario de 8.00 h. a 15.00 h. no CIM do Concello de Sanxenxo. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.


CURSO DE AUTOESTIMA E EMPODERAMIENTO FEMININO

Este curso, tamén gratuíto, terá lugar os días 22, 23, 24 e 25 de outubro no Usos Múltiples de Portonovo. O prazo de inscrición será ata o 18 de outubro e ofreceranse dous horarios, un de mañá (de 10.00 h. a 13.00 h.) e outro de tarde (de 17.00 a 20.00 h.). Organizarase un só grupo en función das preferencias da maioría dos solicitantes.

0
0
0
s2sdefault