Concello de Sanxenxo - O segundo concurso ornitolóxico sociedades do noroeste chega a Vilalonga, unha parroquia que o goberno quere posicionar a medio prazo nun destino ornitolóxico
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A A.O.C.D O Grove, en colaboración con outras asociacións ornitolóxicas galegas, organiza por segundo ano a edición do concurso ornitolóxico sociedades do noroeste, esta vez en Sanxenxo.

Cor, postura, híbridos e faunas europeas, exóticos, psitácidos e periquitos. Este será o xurado clasificador que do 2 ao 11 de novembro estará no centro de interpretación As Telleiras, Vilalonga, nun concurso/exposición no que participarán máis de 2.000 exemplares.

Vilalonga ten moitas posibilidades turísticas e o goberno ten intención de converter a zona que vai desde A Revolta (Noalla) ata a Arnosa (Vilalonga), nun destino turístico ornitolóxico a medio e longo prazo.

O litoral que Sanxenxo ten na ría de Arousa é unha contorna privilexiada polo seu clima, a súa paisaxe e as aves que o frecuentan, podería converterse nun importante recurso turístico, especialmente en tempada baixa. Isto non o dicimos aquí en Sanxenxo, se non o que o ten recoñecido a SEO Birdlife, a Sociedade Española de Ornitoloxía.

Para poñer en valor esta zona é necesario acometer un proxecto integral de recuperación do litoral, coa creación dunha senda que transcorra desde A Revolta ata Arnosa. Nesta senda destacarán todos os recursos ornitolóxicos e paisaxísticos.

O goberno entende que un bo uso da Telleira, é un centro de interpretación, combinado con outras actividades que permitan organizar xornadas culturais como a que terá lugar o próximo mes de novembro, reunindo a expertos e na que se divulguen tamén, as diferentes rutas de avistamento e as máis de 200 especies de aves que visitan o humidal ao longo do ano.

Por último, podería crearse tamén unha experiencia de turismo mariñeiro que permita aos visitantes coñecer o labor do marisqueo, sendo as propias mariscadoras as que compartan a súa experiencia e coñecemento con eles.


Concurso ornitológico

 

Concurso ornitológico2 1

0
0
0
s2sdefault