Concello de Sanxenxo - As obras de construcción do parque canino están a piques de rematar
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O parque de Adina xa conta cun circuíto e nos próximos días finalizará a instalación do parque canino.

Continúan a bo ritmo as obras de construción dun parque canino no parque de Adina, que estará situado na parte traseira da casa de cultura.

O orzamento deste parque ascende a 20.296,67€ con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A zona na que estará comprende unha área total de 511 m2, nos que se colocará un valado metálico perimetral con paneis e unha porta de acceso.

Posteriormente instalaranse os diferentes elementos de xogo, de madeira tratada e polietileno. Haberá un anel, que será un panel cunha apertura para saltar. Unha empalizada, que é unha pirámide antiescorregadiza con banzos para subir e baixar. Un balancín e un túnel ríxido.

A Concellería de Medio Ambiente tamén instalou na zona un circuíto de elementos biosaludables.

Este parque público conta cun parque infantil para os máis pequenos e a casa de cultura na que se desenvolven diferentes actividades durante todo o ano. Agora, co circuíto biosaludable e o parque canino espérase que o lugar sexa para o goce de toda a familia. Á hora de seleccionar os módulos biosaludables que se instalaron, tívose en conta que servisen para fortalecer e exercitar distintas partes do corpo coa finalidade de que permitan aos veciños realizar un abanico máis amplo de exercicios.

Cun orzamento de aproximadamente 5.000€, levouse a cabo esta actuación para que pequenos e maiores poidan gozar destas instalacións xuntos.

0
0
0
s2sdefault