Concello de Sanxenxo - A concellería de medio ambiente vai a transplantar os plátanos do parque da Panadeira á contorna da casa de cultura da Adina e ao parque de Baltar
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Para poder empezar a facer as melloras que están previstas no parque da Panadeira, antes hai que retirar algunhas árbores, en concreto os 24 plátanos. En canto ás 6 palmeiras manteranse todas no seu sitio, excepto unha que é imprescindible retirar. O luns a Concellería de Medio Ambiente vai empezar a transplantar os plátanos a dous sitios, ó parque de Baltar e á contorna da Casa de Cultura de Adina.

Recentemente o alcalde solicitou un informe sobre o estado do arboredo de varias zonas do Concello á Estación Fitopatoloxíca de Areeiro, pertencente á Deputación Provincial. Os técnicos do organismo provincial desprazáronse a tres puntos do Concello, paseo de Baltar, Punta Vicaño e parque Baltar, para facer unha valoración do estado das árbores.

Algúns dos piñeiros situados no parque público de Baltar presentan numerosos problemas de conservación e seguridade o cal pode poñer en perigo aos usuarios da zona, parque infantil e área recreativa. O informe, que achegamos, recomenda actuar con urxencia no parque público de Baltar para evitar posibles danos ás persoas ou bens materiais, sobre todo ante a proximidade de datas nas que aumentan os fenómenos meteorolóxicos adversos.

O informe destaca que esta situación é un risco para unha contorna pública e máis para unha zona de xogos infantil. Por tanto, é “preciso eliminar os pés mortos, os puntisecos, os que presentan a cabeza ou a parte superior da copa rota, e tamén aqueles con maior inclinación ou moi dominados”. En base ao informe van tallar 30 piñeiros dos 90 que hai. Ademais de actuar sobre os piñeiros, é necesario actuar sobre unha acacia negra de importantes dimensións que presenta risco de caída.

Doutra banda, a Concellería de Medio Ambiente vai prantar árbores, na súa maioría autóctonos, no parque de Punta Vicaño nos sitios onde se tiveron que talar piñeiros polo seu perigo. Para poder facer esta plantación a concellería está pendente de novos informes da Estación Fitopatológica de Areeiro relativos á posible presenza de fungos no chan de punta Vicaño.

 

Arbol2Arbol1

 

0
0
0
s2sdefault