Concello de Sanxenxo - O rexistro do Pazo Emilia Pardo Bazán pasa ao Concello e á sede electrónica
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O rexistro en papel desaparece da sede de Cultura pero poderá presentarse da mesma maneira no rexistro xeral do Concello e a través da sede electrónica que xa entrou en vigor para outros trámites e agora poderá utilizarse tamén para inscribirse ás diferentes actividades que ofrece o Concello. Así é que, a partir de agora existen dúas formas de presentar as inscricións e calquera outro trámite dirixido ao Organismo Autónomo de Terra.

Unha forma é presentar a folla de inscrición ou documento no rexistro do Concello, basta con deixar rexistrada a folla de inscrición ou documento do mesmo xeito que se facía anteriormente no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Outra forma é a modalidade telemática a través da sede electrónica onde se deben seguir dous pasos:

1º.- Solicitar un usuario e contrasinal no Rexistro do Concello para poder iniciar sesión na sede electrónica, sede.sanxenxo.es.

2º.- Unha vez feito isto, entrando na sede electrónica picaremos na parte dereita na que pon nova solicitude electrónica. Aí xerarase o documento necesario a cubrir e seguindo as sinxelas instrucións da páxina quedará rexistrado.

0
0
0
s2sdefault