Concello de Sanxenxo - O Concello fará unha completa remodelación do campo de fútbol de Dorrón e xestiona cos propietarios as cesións para crear a ruta de sendeirismo do río
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mellora do campo de fútbol de Dorrón é un dos proxectos comprometidos no pacto de goberno asinado en xuño de 2017 polo Partido Popular e o SAL. É o único campo de terra que queda en Sanxenxo polo que a principal actuación consiste en dotalo de herba artificial.

Actualmente o campo de fútbol ten unhas dimensións de 94 metros de longo por 56 metros de ancho. A directiva do club de fútbol de Dorrón negociou a compra de dúas parcelas de 95 e 45 m2 respectivamente para poder ampliar o campo de maneira que poida chegar a alcanzar os 100 metros de longo e os 60 metros de ancho.

Ademais do terreo de xogo, a remodelación na que traballa o goberno inclúe, novos equipamentos para o campo, vestiarios novos e unhas bancadas con capacidade para 300 persoas. O investimento previsto é de 424.000 € procedentes do Plan Concellos 2018.

Doutra banda, o Concelleiro Alfonso Rea e a Asociación de Veciños están a encargarse de xestionar cos propietarios as cesións necesarias para crear unha ruta de sendeirismo ao longo do río que desemboca na praia de Areas.

Ao longo do curso do río hai 4 muíños que xa están rehabilitados e mesmo un deles, o muíño dá Costa funciona. Os outros tres muíños son o de Quintáns e o de Felipe no Outeiro e o de Barreiro, que está practicamente onde nace o río. Ata agora entre o concelleiro e a asociación conseguiron cesións por parte de 100 propietarios, pero quedan case 300 máis cos que hai que falar.

0
0
0
s2sdefault