Concello de Sanxenxo - O goberno traballa nun proxecto para mellorar e ampliar a zona infantil do parque Espiñeiro que complemente a mellora da zona deportiva
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O proxecto no que está a traballar o goberno triplica a superficie do parque infantil que pasará de 553 m2 aos 1.759 m2. Estará divido en distintas zonas, segundo as idades dos usuarios, pero cunha temática común. O proxecto contempla unha zona de xogos para unha franxa de idade que agora non existe, de 8 a 16 anos. Ademais, varios dos novos elementos están deseñados para que poidan ser utilizados polas persoas en cadeiras de rodas.

Zona de 0 - 5 anos

Equipo combinado con 2 tobogáns e rube, xogos musicais, teléfonos, randeeira cesta e randeeiras berces, balancín de integración, xogos de peirao, un gran multi xogo formado por montañas a distintas alturas con rede de rube, pontes, paneis de actividades adaptados a persoas con discapacidade, saltarinas e tobogáns de ladeiras.

Zona de 3 - 10 anos

• Triplo pórtico de randeeira con cesta, asentos planos e asento de integración.

• Equipo combinado de 2 torres con 2 tobogáns, barras de esvaramento e rubes e un giratorio especialmente deseñado para acceso en cadeira de rodas.

• Tirolesa de 30 m de longo para nenos a partir de 4 anos.

Zona de maiores 8 - 16 anos

• Gran torre de 7 m de alto con plataformas a distintas alturas, con acceso por redes de corda e 3 tobogáns: un en espiral pechado, outro recto e outro ondulado aberto.

• Rube de corda con forma de V investida cunha superficie de 40 m2 con muro de escalada e cordas verticais con apoios a 2 m de altura.

• Randeeira con estrutura de aceiro e unha corda de 4 m de longo sustentada por cadeas onde se poden balancear moitos nenos de pé ou sentados

• Gran randeeira pendular cunha viga inclinada de aceiro da cal colga unha plataforma de 1 m de diámetro con movemento en todas as direccións onde poden balancear de pé e sentado.

Estas 3 zonas irán sobre pavimento de caucho continuo de distintas cores que engaden un valor lúdico e imaxinativo á área de xogo. O resto da superficie quedará cuberta por céspede artificial antiestático. No propio céspede instalarase un camiño composto por distintas texturas para a estimulación dos sentidos.

Complementa esta zona de lecer un gran circuíto para triciclos e bicicletas cunha lonxitude de 200 metros linéales, separado do parque infantil por unha gran bancada curva de 40 m lineais. Un proxecto destas características está valorado nuns 350.000 €.

 

0
0
0
s2sdefault