Concello de Sanxenxo - Parque Panadeira
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mellora de Panadeira, inclúe máis arborado que o que tiña.

Finalmente, dos 24 bananeiros só se han transplantado 14, os 10 restantes quedan no seu sitio. As 6 palmeiras tamén, unha delas moveuse uns metros. 9 tamarindos do parque tamén seguirán no seu sitio. E está prevista a plantación de máis árbores que os que se han transplantado.

Ademais, o proxecto amplía o parque ao suprimirse o espazo de aparcadoiro, por tanto, lonxe de deshumanizar o que se fai é gañar 150 m2 máis de zona na que poderán xogar e transitar con máis tranquilidade pais e nenos.

En resumo, o parque crece en extensión, gaña arborado con respecto ao que había, amplía e mellora a zona de xogos infantil e crea unha pista polideportiva para nenos de 6 a 12 anos.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault