Concello de Sanxenxo - O Concello destina 15.000€ para a limpeza da leira do Pazo de Quintáns e o inventario de árbores e outras plantas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Onte luns comezaron os traballos de limpeza e mantemento dos xardíns de Quintáns. Trátase dunha leira de máis de 10.000 m2 que rodea o pazo e que é un auténtico tesouro botánico con tanto valor como o propio edificio que se vai a rehabilitar.

Carballos, castiñeiros, enebros, loureiros, palmeiras, todo tipo de froiteiros, e unha ampla variedade de arbustos e outras plantas comprenden a vexetación do xardín do pazo. Todo iso compleméntase con algúns elementos arquitectónicos de gran valor, como unha fonte, un gran hórreo, bancos e un muro de pedra de 3 metros de alto, que rodea toda a leira e divide o seu interior en distintas zonas.

A ampla leira, unha vez rehabilitado o edificio, permitirá que os veciños gocen dun enclave privilexiado, pois á beleza do seu contido hai que sumar as vistas que ofrece sobre as dúas rías e a zona da Lanzada.

Os traballos comezados consisten en:

• Inventariar o arboledo e a vexetación da leira.
• Roza e eliminación de plantas invasoras e trepadoras.
• Traballos de mantemento e podas de conservación.

Hai que ter en conta que os amplos xardíns da leira non tiveron ningún tipo de mantemento desde hai 20 anos e, por tanto, está invadida de malas herbas, plantas invasoras. Ademais, algunhas árbores están a ser prexudicados polas ramas doutros da súa contorna.

O Concello vai investir 15.000€ na limpeza e mantemento dos xardíns que proceden dunha axuda concedida ao Concello polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

Doutra banda, proximamente está prevista a licitación da rehabilitación do propio pazo, un edificio de 2 plantas ao que se vai destinar un investimento de 1,9 M€ que achegan entre o Concello (0,6 M€) e o Ministerio de Fomento (1,3 M€).

 

0
0
0
s2sdefault