Concello de Sanxenxo - A mesa de contrata propoñerá a COVSA como empresa adxudicataria da reforma da Rúa Progreso
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A análise que fixeron os técnicos municipais das 14 ofertas presentadas para a reforma da rúa Progreso determinou que a empresa NEXIA era a gañadora do concurso con 79 puntos, seguida de COVSA con 78,73 puntos.

Con todo, á hora de facer a proposta de adxudicación a mesa de contratación cualificou de “anormalmente baixa” a oferta económica presentada por NEXIA, concedéndolle un prazo de 3 días para a xustificación dese prezo. Finalmente, NEXIA renunciou ao concurso e, por tanto, propondrase a COVSA como empresa adxudicataria, a segunda en puntuación.

COVSA na análise das características das ofertas presentadas en sobres A e B fora a empresa que maior puntuación obtivo, antes da apertura do sobre C, que é o que inclúe a oferta económica.

Entre as melloras presentadas por COVSA destacan as seguintes: 

 

  • Memoria técnica cun apartado no que se expón o coñecemento da problemática que xera a obra.
  • A redución de 4 meses no prazo de execución da obra, pasando dos 12 meses a 8 meses.
  • COVSA propón executar cada unha das fases do proxecto por marxes independentes, de forma que se poida manter sempre a circulación do tráfico en polo menos un sentido da circulación. Ademais, de facer propostas de corte de tráfico puntuais con desvíos provisionais por viarios alternativos.
  • Medidas alternativas para compatibilizar a obra coas actividades cotiás da rúa, zonas de aparcadoiro disuasorio e unha boa sinalización con información do desenvolvemento dos traballos, itinerarios seguros para peóns, acceso a garaxes e vehículos de transporte público.
  • Ampliación en 4 anos do prazo de garantía da obra.

 

A REFORMA

Lembrar que a humanización da rúa ten un orzamento total de 2,5 M€, dos cales un 70%, 1.804.174€, achégaos a Consellería de Infraestruturas e o 30% restante, 773.217€, o Concello.

A reforma abarca 1.280 metros que van desde a confluencia entre a rúa Progreso e a avenida de Madrid ata a rotonda de Arnelas. O obxectivo principal do proxecto na reordenación dos espazos para vehículos e peóns o que comportase a creación de dúas novas rotondas que permitirán axilizar o tráfico nas cruces máis conflitivos da rúa e a mellora das beirarrúas que pasarán a ter como mínimo 1,8 m.

A mellora da rúa Progreso contempla 2 glorietas ou rotondas que permitirán axilizar o tráfico e mellorar a seguridade viaria. As rotondas son moito máis eficaces e seguras que os carrís centrais, demasiado estreitos, que agora ten a rúa para regular as súas cruces.

A primeira rotonda ten un diámetro de 27 metros e construirase ao comezo da rúa, na confluencia coa Avd. de Madrid.

A segunda glorieta, cun diámetro de 28 metros, no cruzamento entre a rúa Progreso con Castelao e a estrada de Nantes. Trátase do cruzamento máis conflitivo que ten a rúa e onde se adoitan xerar importantes retencións.

Está prevista a substitución da rede de saneamento e a creación dunha rede separada de pluviais que evitará os problemas de inundación e saturación da vella rede. Unha nova rede de abastecemento de auga en tubaxe de fundición de 150 mm e o soterramento de parte da rede eléctrica e telefonía.

O mobiliario incluirá 3 tipos de farois de 9, 6 e 4,5 metros de altura, bancos de granito natural e de madeira tratada, papeleiras e varandas.

 

PROXECTO 

 

 

0
0
0
s2sdefault