Concello de Sanxenxo - A mellora do parque Panadeira avanza, estará concluída a final de ano e inclúe a plantación de 54 novas árbores, 39 máis dos que había
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Parque Panadeira era un espazo apagado que pedía a voces unha completa renovación para convertelo nun lugar máis atractivo e mellor iluminado para goce das familias e nenos menores de 12 anos.

Antes da reforma o parque tiña 2.100 m2, coa mellora ampliase o seu espazo ata os 2.814 m2, é dicir 700 m2 máis. A ampliación débese sobre todo ao incorporar a zona que antes se utilizaba de aparcadoiro.

A repartición de espazos é o seguinte: 2.100 m2 de xardíns e paseos, 494 m2 da zona de xogos infantil e 210 m2 da pista polideportiva para nenos de menos de 12 anos e que levase pavimento de céspede artificial para evitar ruídos e molestias.

A pesar de certos bulos que se difundiron o novo parque incrementa considerablemente o número de árbores e de plantas.

O parque tiña 40 árbores  

  • 6 palmeiras que seguen no seu sitio
  • 25 bananeiros, dos cales 10 mantéñense e 15 hanse transplantado a outros sitios
  • 9 tamarindos que tamén seguen no seu sitio

O novo parque inclúe a plantación de 54 novas árbores que en principio serán as seguintes especies, aínda que puidese haber algún cambio no tipo de árbore, nunca no número.  

  • 4 magnolios
  • 1 cedro
  • 23 Photinias
  • 20 Rododendros
  • 6 liquidámbar

Outra mellora para destacar do novo parque é que practicamente todo o seu perímetro leva un banco para descanso, especialmente para persoas maiores e demais usuarios da zona.

A gran diferenza entre o anterior parque e este, é que o novo contemplará elementos e actividades para todo tipo de idades.

En resumo, o parque Panadeira tiña 40 árbores dos cales transplantáronse a outros sitios do Concello 15 bananeiros. Como se van a plantar 54 novas árbores o saldo definitivo é que o novo parque terá 39 árbores máis dos que tiña. Sen contar as hortensias, sebes e outras plantas ornamentais que están previstas.

 

 

0
0
0
s2sdefault