O vindeiro venres día 16, ás 20.30 h. no salón de plenos, terá lugar unha reunión informativa para explicar pormenorizadamente a execución das obras da Rúa Progreso que empezarán proximamente.
Ao longo do día de hoxe, veciños e comerciantes serán notificados da convocatoria desta reunión co obxectivo de que poidan asistir se están interesados en coñecer como se van a desenvolver paso a paso as obras.
Punto de inicio das obras, fases, prazos, medidas para compatibilizar a obra coa actividade cotiá da rúa, e demais detalles do proxecto, serán detallados nesta reunión á que tamén asistirán representantes da empresa encargada da súa execución.