Esta semana comezará na Rúa Vento unha actuación para a instalación da rede de saneamento de augas pluviais e cruces para previsión de electricidade e telecomunicacións.
A execución deste proxecto redactado por técnicos municipais, ten un orzamento que ascende a 48.200€, financiados con fondos propios.
Así pois, para a canalización de pluviais instalaranse 250 m de tubaxe de PVC, que permita a súa recollida, así como un pozo de rexistro e arquetas sumidoiros. Tamén levará a cabo a canalización das liñas eléctricas e das liñas de telecomunicación.