Esta tarde ás 19.30 horas terá lugar unha sesión informativa sobre teleasistencia domiciliaria na Casa Forestal Social As Canteiras de Noalla (O Pombal Nº 4).
Un servizo da Deputación de Pontevedra, preventivo de axuda ás persoas que necesitan dunha atención continuada que lles permita seguir vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade.
Este programa vai dirixido a persoas que viven ou pasan gran parte do día soas, de idade avanzada, con algunha discapacidade, aillamento social, enfermidade, ou situación de risco psicosocial ou físico.
A persoa usuaria do sistema, con só premer un botón, terá resposta inmediata ás situacións de emerxencia que se poidan producir no fogar as 24 horas do día, os 365 días do ano, mobilizando os recursos necesarios para solucionar estas situacións.
A solicitude da teleasistencia domiciliaria realízase nas oficinas de Servizos Sociais do Concello, en Portonovo.