Concello de Sanxenxo - Modificacións no transporte debido ás obras en Progreso
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A partir do día 10 DE XANEIRO DE 2019 con motivo das obras en Sanxenxo (Rúa Progreso), é necesario realizar as seguintes modificacións nas paradas do autobús:

Na liña regular GROVE-SANXENXO-PONTEVEDRA (XG-526) no sentido Grove, Sanxenxo, Pontevedra, realizaranse as paradas habituais.

Modifícanse no recorrido de Pontevedra – Grove as siguientes paradas:

- A parada da Igrexa, pasa a realizarse na Praza de Abastos (Rúa Madrid).
- Suprímese a parada do “HOTEL TERRAZA”, trasladándose á estación de autobuses.

Nos INSTITUTOS de Vilalonga e Baltar a parada da Igrexa de Sanxenxo trasládase ao mercado de abastos (Rúa Madrid).

As paradas do Colexio A Florida, IES Vilalonga e IES Baltar que se realizaban na marquesina situada fronte ao Terraza, pasarán a realizarse na beirarrúa contraria, é decir, na propia fachada do Terraza.

0
0
0
s2sdefault