Concello de Sanxenxo - A Concellería de Medio Ambiente plantará 78 árbores no Parque de Punta Vicaño
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Tal e como se comprometeu o goberno despois de talar os pinos que estaban enfermos e supoñían un risco para a seguridade das persoas, a Concellería de Medio Ambiente está procedendo á plantación de 78 novas árbores de especies moi variadas.

Zona con arbolado de especies más propias de xardinería e de gran beleza que farán do parque un lugar colorido en outono, como son o liquidámbar, o ginkgo e as faias.

Zona de bosque atlántico con carballos, castiñeiros e acivros.

 

ÁRBORES PROCEDENTES DO VIVEIRO MUNICIPAL:

NOME GALEGO NOME CIENTÍFICO
5 Carballo país Quercus robur
6 Carballo americano Quercus rubra
2 Castiñeiro híbrido Castanea hibrida
2 Pradario xaponés Acer palmatum
4 Metrosideros  
TOTAL: 19    

 

ÁRBORES ADQUIRIDAS:

NOME GALEGO NOME CIENTÍFICO
12 Faia Fagus sylvatica
10 Liquidambar Liquidambar
10 Ginkgo biloba Ginkgo biloba
3 Carballo Quercus robur
3 Castiñeiros híbridos Castanea hibrida
4 Carballo escarlata  Quecus coccinea ou similar
4 Enciñeira Quercus ilex
4 Sobreira Quercus suber
6 Acivro Ilex aquifolium
3 Bidueiro  
TOTAL: 59    

 

O Ginkgo biloba é unha árbore orixinaria de Xapón, Corea e o leste de China. Considérase unha das especies máis antigas que se coñecen. Adoitan plantarse en parques e xardíns, pero también en rúas, prazas e avenidas.

A coloración dourada que adquiere a súa follaxe en outono é espectacular. As súas follas caen coas primeiras tormentas de outono e tinguen de dourado as beirarrúas, para volver brotar na promavera.

É unha árbore sagrada para a tradición budista, e por iso adoitan plantarse nos xardíns dos templos xunto ás pagodas, como recoñecemento á súa capacidade para sobrevivir nas condicións máis extremas.

 

VICAÑO

0
0
0
s2sdefault