Concello de Sanxenxo - Arra estrenará o vindeiro martes o campo de festas renovado
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello e a Asociación Cultural San Cayetano colaboran na mellora das instalacións do campo de festas de Arra. O vindeiro martes día 15 Arra estrenará novo campo de festas na celebración na honra de San Amaro.

O goberno local invertiu preto de 15.000€ no asfaltado e en melloras que permitan que Arra teña un campo de festas en boas condicións no que realizar outras actividades tamén ao longo do ano.

Pola súa parte a Asociación San Cayetano tamén colaborou co acondicionamento das gradas e outros elementos da zona.

O martes ás 8:00 horas comezará a tirada de bombas que pon inicio á festa do patrón do pobo. Ademais haberá una alborada a cargo dun grupo de gaitas.

A primeira das misas será ás 11:00 horas e a segunda, con procesión ás 13:00 horas. Ás 21:00 horas, terá lugar a gran verbena coas orquestras París de Noia e La Ocaband.

O mércores 16 serán as festas na honra de San Marzal, con alborada cun grupo de gaitas pola mañá e misa con procesión ás 13:00 horas.

Ás 21:00 horas comezará a verbena da man das orquestras Los Satélites e Trébol.

O fin de festas será ás 03:00 horas, cunha gran tirada de bombas anunciando o remate da festividade.

O recinto estará cuberto por unha gran carpa con calefacción e haberá sorteos de premios económicos durante a verbena.

0
0
0
s2sdefault