Concello de Sanxenxo - A CARPA DE SEPARAR CON XEITO CHEGA A VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta campaña, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

En concreto, Separar con Xeito acude a ferias e eventos gastroculturais co obxectivo de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán en cada evento.

No noso municipio a carpa estará instalada no mercado de Vilalonga o Martes 15 de xaneiro, de 10h. a 12h.

 

Separar con xeito


0
0
0
s2sdefault