Concello de Sanxenxo - O goberno licitará esta semana as obras de mellora da Casa de Don Fernando
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana serán licitadas as obras de mellora da casa de Don Fernando, valoradas en 134.000€.

O goberno local quere levar a cabo unha actuación para mellorar as instalacións da Casa de Don Fernando, co obxectivo de darlle un impulso a utilización deste espazo e destinala principalmente aos mozos.

Para isto, redactouse un proxecto, que será subvencionado a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que permita adecuar as instalacións á normativa de accesibilidade vixente.

Tanto o edificio principal como a parcela na que se atopa non reúnen as condicións de acceso a persoas con mobilidade reducida. Para emendalo redactouse un proxecto que suprimirá as barreiras arquitectónicas e de comunicación e construirase un aseo accesible.

Tamén se instalará un ascensor panorámico hidráulico cunha cabina de 1,10 m X 1,40m. Na planta alta do edificio colocaranse unhas divisións de pladur para crear un novo espazo.

Para corrixir as filtracións de humidade farase unha drenaxe perimetral polo exterior e unha impermeabilización que evite as filtracións. Tamén nas escaleiras exteriores conectadas coa fachada, onde se selará toda a superficie de contacto.

A casa de Don Fernando, construída en 1900, atópase nunha leira cunha superficie de 800 m2. Aínda que na actualidade atópase en bo estado, fanse necesarias estas melloras para a súa un bo acondicionamento dos espazos que permita un uso diario do local.

0
0
0
s2sdefault