Concello de Sanxenxo - Esta semana comeza o acondicionamento do acceso ao aparcadoiro disuasorio a través da Rúa Constitución
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Con motivo das obras da Rúa Progreso habilitáronse unha serie de aparcadoiros disuasorios para facilitar o estacionamento de veciños, comerciantes e visitantes.

Un destes aparcadoiros, é o situado detrás do Novo Templo de Sanxenxo, ao que ata agora soamente se podía acceder pola zona da Florida. Esta semana, a empresa adxudicataria da obra, COVSA, encargarase de habilitar un novo acceso a este aparcadoiro pola Rúa Constitución, unha rúa que actualmente non ten saída.

Con este novo acceso, esta rúa quedará dun só sentido, podendo acceder ao aparcadoiro por este viario e saíndo do mesmo pola zona da Florida.

Ademais, esta chaira estará conectada con outro aparcadoiro disuasorio situado na zona de O Tombo, detrás da escola infantil municipal, por un viario que a propia empresa está a acondicionar tamén.

 

 

0
0
0
s2sdefault