Concello de Sanxenxo - Adina en festas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Adina celebra os próximos 18, 19 e 20 de xaneiro as súas festas na honra de San Antonio.

O venres 18 arrancarán os festexos coa celebración da festa da xuventude a partir das 21:00 horas, coa orquestra Marbella e a disco móbil de Kyoto FM.

O sábado 19 o día comenzará con pasarrúas a cargo da Charanga Imperiales e os grupos de gaitas Lembrazas e Os do Barro.

Ás 12:00 horas terá lugar a misa solemne, seguida da procesión e tirada de fogos. Pola noite, a gran verbena estará amenizada polas orquestras Ritmo Joven e Pontevedra.

O domingo, ás 13:00 horas dase paso á festa gastronómica na que haberá degustación de orella, callos e empanada e estará amenizada polo Trío Arena. Grupo que estará tamén na verbena a partir das 19:30 horas.

O recinto estará cuberto por unha gran carpa e durante os tres días sortearanse vales de compra, masaxes e cestas.

FESTAS ADINA

0
0
0
s2sdefault