Concello de Sanxenxo - Separar con Xeito en Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A carpa de Separar con Xeito estivo onte en Vilalonga.

Un stand de “Separar con xeito”, a campaña organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, estivo a mañá de onte en Vilalonga, de 10h. a 12h.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, achegouse ata alí para apoiar esta iniciativa que busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

Separar con Xeito acude a ferias e eventos gastroculturais co obxectivo de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán en cada evento.

0
0
0
s2sdefault