Concello de Sanxenxo - O Consello de Nauta modificará dous puntos das bases do concurso de ideas para resolver un recurso presentado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Nauta Sanxenxo recibiu esta semana unha notificación coa resolución dun recurso interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos á licitación do concurso de ideas.

As bases deste concurso están sometidas á Lei de Contratos do Sector Público e foron publicados na plataforma de contratación do Estado en data 11.12.18.

Este recurso foi interposto pola Demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos en base a dous motivos:

• Entender que recolle indebidamente a titulación enxeñería civil, considerando que as persoas coa devandita titulación non posúen as competencias para a realización dos traballos contemplados na fase de execución do proxecto.

• Existir unha contradición entre as cláusulas segunda e décima por esixir na segunda que a elaboración do anteproxecto ha de ser por un arquitecto ou enxeñeiro de camiños, canles e portos e a décima que se aceptará o perfil profesional de enxeñeiro civil.

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, TACGal, solicitou a Nauta Sanxenxo que comunique as actuacións adoptadas para dar cumprimento a esta resolución, e é por iso que desde o Consello de Administración trabállase xa para a modificación destes dous puntos das bases e volverase a convocar un novo prazo de 35 días para a presentación de proxectos.

0
0
0
s2sdefault