Concello de Sanxenxo - O Concello presenta o escrito de preparación do recurso de casación polo novo pantalán de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo tomou a decisión de presentar ante o TSXG, o escrito de preparación previo ao recurso ante o Supremo, co obxectivo de defender os intereses dos veciños e veciñas de Sanxenxo.

Este recurso faise en base á “non xustificación da necesidade ou conveniencia de ampliar os servizos náutico-deportivos no Porto de Sanxenxo, nin tampouco os motivos do por que non se respectou a área de reserva establecido para a ampliación das instalacións náutico-recreativas nos instrumentos de plan portuarios vixentes”.

É dicir, tal e como sinala o recurso, “no seu momento os técnicos municipais, xa apuntaron que no Porto reservouse unha concreta porción da lámina de auga integrante do dominio público portuario para a realización de futuras ampliacións das instalacións náutico-deportivas e cando a concesión autorizada e a súa modificación non foron respectadas, preguntámonos, entón, Que sentido ten que exista un Plan de usos e un Plan Especial portuarios? Ademais, este espazo de reserva quedou plenamente acoutado e identificado mediante unha liña descontinua de cor verde coa indicación “espazo de reserva para a ampliación de instalacións náutico-deportivas” que se estende desde os actuares pantaláns cara ao leste e o sur da lámina de auga.”

O goberno local defende a idea da importancia que hoxe en día ten un desenvolvemento dun crecemento intelixente, sustentable e integrado dos espazos marítimos. Ademais, considérase que este tipo de accións teñen que estar correctamente estudadas e ben planificadas e, aínda que a planificación desta instalación era correcta, a realidade demostrou que se instalou nun lugar distinto ao establecido polo propio plan.

0
0
0
s2sdefault