Concello de Sanxenxo - O Servicio de Emerxencias de Sanxenxo atendeu un total de 485 incidencias ao longo do 2018
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O servizo local de Emerxencias de Sanxenxo realizou ao longo do ano 2018 un total de 485 intervencións, relacionadas con salvamento e rescate, as vías públicas e os accidentes, os incendios e os danos causados por auga e outros riscos. Ao total de intervencións habería que sumarlle as actuacións en niños de velutina, das que teremos os datos proximamente.

O servizo participou nun total de 122 incendios de diferentes tipoloxías (51 forestais, 46 urbanos,10 en vehículos, etc.) e en 105 intervencións relacionadas coa meteoroloxía adversa ao longo de 2018. Ademais, os profesionais do servizo actuaron en 79 accidentes de tráfico

Destacan tamén as 46 limpezas de vía e as 15 actuacións de rescate. Escapes de gas, operativos preventivos, cables e postes e atencións sanitarias, suman un total de 71 intervencións.

Emerxencias de Sanxenxo presta tamén servizo en concellos limítrofes e contabilízanse así un total de 35 actuacións en Poio, 29 en Meaño e 22 no Grove.

O SERVIZO

O servizo municipal de protección civil constituíuse en 1994 dando aos veciños do municipio un servizo para cubrir as emerxencias, por aquel entón voluntario.

Desde ese ano o servizo evolucionou ata converterse nun servizo completamente profesionalizado integrado por un persoal de persoas preparadas e equipadas para xestionar todas as emerxencias que poidan ocorrer dentro do noso termo municipal.

Na actualidade o servizo conta cun apartado de prevención e actuación en emerxencias e outro de salvamento e socorrismo en praias, durante a tempada estival.

0
0
0
s2sdefault