Concello de Sanxenxo - Sanxenxo únese a Telegram
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello difundirá as súas noticias e os seus eventos a través desta rede social desde mañá martes día 22.

Co obxectivo de seguir mellorando a información a veciños e visitantes, o Concello únese a Telegram para difundir diariamente noticias e eventos de interese.

Quen queira dispoñer deste servizo, debe engadirse á seguinte canle da aplicación: https:// t.me/ ConcelloDeSanxenxo. Ou ben buscándoa na propia aplicación, na parte superior ao abrir Telegram, onde haberá que introducir o nome da canle que se quere seguir, neste caso Concello de Sanxenxo. Unha vez dentro da ligazón, na parte inferior, aparece a opción “unirse”.

Telegram permite enviar mensaxes de maneira masiva a través dun teléfono móbil, ofrecendo a todos os usuarios a posibilidade de subscribirse de maneira aberta e ilimitada, de forma que poidan unirse á lista de difusión sen intermediarios.

APLICACIÓN E WEB

O pasado mes de abril, Sanxenxo estreaba nova web municipal e nova APP. O meu Concello, a nova APP, permite un contacto directo e inmediato cos usuarios rexistrados. Ademais, conta cun apartado de incidencias, no que cada veciño pode avisar de calquera problema como unha rotura de farol, unha fochanca, etc.

0
0
0
s2sdefault