Concello de Sanxenxo - O goberno adxudica a pavimentación de 4 viais, 2 en Noalla e 2 en Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local adxudicou esta mañá a pavimentación de 4 viarios, dous en Vilalonga, Piñeiros e Freixo e dous en Noalla, Tombelo e Pontes.

As empresas Caldevergazo S. L e Nexia Infraestruturas, serán as encargadas da mellora destes viarios municipais.

Estas actuacións irán con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cun orzamento que ascende a 79.000€ e cuxo desenvolvimiento resúmese principalmente na apertura e recheo de gabias, roza e limpeza de cunetas e marxes, a dotación da capa de zahorra e a mestura bituminosa en quente. Por último, poñeranse en cota as tapas das pozas de rexistro e instalarase a sinalización necesaria.

Previa á aprobación do proxecto, foi necesario obter autorizacións sectoriais da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente e do Instituto de Estudos do Territorio.

Esta actuación estará incluída nun grupo de proxectos de servizos básicos que se redactaron para mellorar o día a día dos veciños de Sanxenxo.

 

0
0
0
s2sdefault